Un entroido tolo

Portada

O pasado entroido celebramos unha festa cunha alta dose de imaxinación e creatividade.

Ben postos cos nosos variados disfraces, participamos no tolo concurso “X, con X de IleX”. Un amable e anxelical Baloo e un malvado fraile exerceron de xuíces. Os concursantes dividímonos nos grupos de Manda, Tropa e Scouters. Quen será o máis orixinal?

Durante as probas fixemos un alarde de habilidades interpretativas:

  • Rimos, nos enfadamos, choramos, sufrimos o sono, nos emocionamos…
  • Creamos estrañas historias repletas de obxectos peculiares.
  • Coñecimos as máis incribles historias dos nosos compañeiros… e inventamos outras igual de incribles.
  • Interpretamos actuacións diversas, en lugares diversos, simulando ser personaxes aínda máis diversos.
  • Discutimos apasionadamente, pero sen saber moi ben por qué.
  • Entramos en insólitas habitacións sen gravidade, fumigadas con gas da risa ou cheas de auga.
  • Fixemos traducións de idiomas aínda non inventados.
  • Cociñamos kebabs, plantamos palmeiras e emulamos a James Bond. Como era pouco, tamén imitamos políticos, a Fernando Alonso e fomos sacos de boxeo.

E quen gañou? Todos e todas, porque o pasamos estupendamente, coñecémonos mellor e melloramos as nosa capacidade de interpretación e traballo en equipo,  … e perdemos a vergoña (aínda que algún xa non tiña moita).

CollageEntre os concursantes deste entroido tolo, atopamos un enfermeiro, un soldado clon, Darth Vader, Kylo Ren, un polo, unha galiña, un guerreiro de kung fu, dúas princesas, un preso, unha carvernícola, unha pintora, unha hawainana, unha monxa, unha mosqueteira, un cociñeiro, un monxe e un vaqueiro. Algo bo tiña que saír de alí.

Todos

E como mostra, un botón, aquí temos un dos xogos, disparatados e sen moito sentido, que tanto nos gustan.

1 reply

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.