Xogando e vivindo na diversidade

Lobatos e lobatas xogando

A última actividade realizada pola sección Manda foi unha acción de servizo na diversidade, en conxunto con todas as mandas dos grupos de ASDE – Scouts de Galicia en colaboración coa asociación Asociación Down Coruña.

A crónica desta actividade ven da man de Xandre Murga, lobato do Grupo Scout Ilex, axudado por Baloo. Velaquí a podedes ler.

XandreOs lobatos e lobatas do Ilex ímonos á Coruña!

Este sábado, a Manda saíu de Ourense moi cedo, pero os lobatos e lobatas estábamos xa animados! Despois dunha longa viaxe en autobús, paramos en Santiago para recoller á Manda do Chan, e todas e todos xuntos fomos á Coruña.

Alí, comezamos a mañá facendo xogos con Akela. Despois, seguimos xogando coa xente da . Entre outras actividades, formamos, co noso corpo, a palabra “terra” e a palabra “arroz”. Escollemos “arroz” porque nos pediron facer a palabra máis longa que puidéramos, e eu pensei: “arroz é a máis longa, empeza pola primeira palabra do abecedario, e remata pola última!”. Logo nos dixeron que fóramos os máis “listillos”! Ao acabar os xogos, fixemos un pequeno debate e aprendemos moito con eles.

E por fin, comemos! Eu tiña moita, moita fame. Despois, máis xogos! Todos ambientados no circo. Acabando a tarde, reflexionamos sobre todo o que aprendéramos no día e pintamos o noso mundo ideal.

Para rematar, fixemos unha batida, cantamos o “adeus scout” e máis autobús. Chegamos a Ourense cansos, pero moi contentos!

Xandre

Servizo Manda coa diversidade funcional

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.