En ruta reflexionando sobre xénero

Traballar a igualdade é algo fundamental para os nosos valores e a metodoloxía educativa que aplicamos e por iso aproveitamos calquera oportunidade para afianzar as claves feministas que nos definen. Por esta razón a Tropa preparou unha ruta por Allariz na que ademais de gozar das marabillosas paisaxes rurais da vila alaricana a través de diversas probas tivo ocasión de coñecer datos e reflexionar sobre moitos aspectos dende ángulos novidosos grazas a unha mirada coas lentes violetas.

Os obxectivos desta actividade ían dende traballar a técnica scout aprendendo a orientarse con mapa e compás, promover a cohesión nas diferentes patrullas que integran a Sección Scout e familiarizarse con diferentes figuras femininas galegas que realizaron achegas importantes en diferentes campos de coñecemento. Así, ademais de repasar as coñecidas figuras das letras como Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Barzán, tamén tocáronse , entre outras moitas, figuras actuais do deporte como Chus Lago ou Vero Boquete; mulleres que tomaron as armas para defender aos seus como María Pita ou Pepa “A loba”; mulleres pioneiras la loita LGTBI como as cinematográficas Elisa e Marcela ou heroinas antifascistas como as irmás Touza de Ribadavia. 

mapa topográfico ruta Allariz

Cada patrulla individualmente debía de ir interpretando pistas que recibía segundo ían desenvolvendo as diversas probas que se lle presentaban e que facían alusión a mulleres ilustres ou a situacións de discriminación que son sufridas polas mulleres. As actividades e probas foron preparadas polas scouters da sección pero recibindo a axuda de Paula María e Paula Carreño, que contan coa especialidade de xénero, que idearon algunhas das probas para as súas compañeiras e compañeiros.

O circuito, que iniciou e finalizou as portas do museo do coiro, foi completado en primeiro lugar pola Pat. Esquíos, seguidos por Pat. Rinocerontes, Pat. Linces y Pat. Águias. Foi un día cheo de actividade e vida en patrulla que foi un goce para os sentidos e o sentido de aventura da nosa tropa de exploradores y exploradoras, moi ben aproveitado e con moita información pero sobre todo con moitas cousas que dixerir e nas que pensar en relación á discriminación que as mulleres viven no noso país e no mundo enteiro. Foi pois un bo complemento a nosa participación nas mobilizacións do 8M.

Esta actividade, que tivo lugar o pasado sábado 9 de marzo, forma parte do noso proxecto “Revoluciona a túa perspectiva” que é unha das 18 iniciativas que forman parte da campaña “CON PERSPECTIVA DE XÉNERO” da nosa federación ASDE – Scouts de España, coa que se pretende promover un maior enfoque de xénero nas actividades scout.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.