Que magosto máis gostoso!

Cultura, tradición e scoutismo!

A primeira saída desta nova xeira solar foi para desfrutar dunha das festividades máis típicas da provincia. Este sábado día 5 comezamos as nosas habituáis saidas á natureza, e esta vez fixemos todo o grupo xunto para así celebrar tamén o magosto!

Este ano, como xa é tradición, fixémolo en Sandías, fornte ao Hipódromo de Antela, cedida para a ocasión polo noso amigo e compañeiro scout Jorge Vázquez.

Alí desfrutamos das nosa comida; castañas, chourizas e pan de cazador non faltaban. Abrese o apetito? Se tendes ganas de coñecer as recetas, pedídelle axuda ás scouts de sección. ¡Foron capaces de facelo sen lume!

Para os menos avantaxados, a actividade comezou por apañar leña e facer lume.

Xa hai anos que facer lume nos campamentos é algo complicado ou mesmo imposible, en aplicación das normativas forestais que teñen como función a prevención dos incendios forestais, unha verdadeira lacra no noso país. E por iso que o magosto convértese nunha ocasión estupenda, e xa pouco usual, para aplicar de xeito práctico as técnicas para facer diversos tipos de lumes e manexarse coas ferramentas, algo moi propio da nosa metodoloxía scout e que especialmente desfrutaron as patrullas que integran a Sección Scout.

Xa pola tarde, aproveitamos as horas de luz restantes para conversar, facer plans e por suposto para xogar, que moito nos gusta, sobre todo entre os lobecos da Manda. Por último, fixemos unha sesión de tratamentos dermatolóxicos.

Temos que agradecer ás familias que fixéchedes o esforzó do transporte, que sabemos, non sempre é doado.

Outra cousa non, pero pasar pasámolo genial.

Había que compensar que a semana seguinte non habería reunión.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.