reunión de traballo da Tropa Scout

A prevención, a base sobre a que construir un futuro saudable

Entre aventura e aventura, e mesmo durante, educamos sempre. E a educación pola saúde é un dos moitos eidos educativos que abordamos de xeito transversal ao longo de toda a nosa programación. Así, para construir un futuro saudable, durante os últimos meses estivemos traballando coa Tropa ao longo de varias das nosas actividades das mañás de todos os sábados e mesmo nos campamentos aspectos relacionados coa saúde. Puxemos especial atención á prevención da aparición de conductas non saudables que no futuro poderían facer máis vulnerables aos rapaces e rapazas fronte a substancias ou actividades adictivas.

Construir un futuro saudable

Ao longo de varias dinámicas e experimentos fumos capaces de axudarlle a comprender os efectos sobre o noso corpo ou a nosa conciencia deste tipo de perigos, pero sobre todo tamén a dotarlles de ferramentas sociais para poder sortear con máis éxito as trampas sociais nas que é doado caer. Todas estas actuacións están dentro do programa Control + Z para las drogas, de nosa estrutura federal ASDE – Scouts de España que nos facilitou recursos para desenvolver estas actividades.

drogass

 

Traballo en patrulla

Na última fase deste proxecto abordamos tamén os riscos que agochan algunas das tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) e cada patrulla analizou esta problemática e fixo unha serie de propostas ou recomendacións para evitar algúns destes perigos entre os que lle pareceron máis importantes. O resultado foron sendo decálogos que agora compartirán cos seus compañeiros de escola pois levarán este traballo colectivo da súa patrulla,en forma de cartel, ata as aulas e corredores dos seus centros de estudo. Aquí vos deixamos, descargable pinchando nos seus respectivos enlaces, o resultado da Patrulla Águias e da Patrulla Rinocerontes.

decalogos tics