Campamento de verán: celebra con nós o fin de curso!

As clases a piques de rematar, o verán xa quere comezar… chega o momento de pensar nas vacacións! E dende o noso grupo queremos celebrar con vós o fin da rolda de actividades. Para elo presentámosvos esta proposta que estamos seguros que será do voso agrado: comeza o verán cun campamento de 6 días rodeado de natureza e cheo de actividades dinámicas e divertidas: aprenderemos a facer construcións útiles para a vida no campamento, a cociñar a nosa propia comida, a orientarnos e seguir pistas para chegar a sitios de interese, e moitas cousas máis! E por suposto xogaremos, cantaremos e o pasaremos xenial.

Día límite de inscrición: 17 de xuño. Na asignación de prazas terán preferencia aquelas persoas que vivan no concello de Ourense ou localidades próximas.

Ademais de ser un xeito inmellorable de comezar as vacacións, tamén é unha boa oportunidade para descubrir o mundo scout, e se che gusta a experiencia sempre te podes sumar ao noso grupo e participar nas actividades semanais que organizaremos o curso que ven.

O campamento se realizará entre o 24 e o 29 de xuño nas instalacións do Centro Scout Abeiro, preto da cidade de Santiago de Compostela (42.8974648,-8.5846899), desenrolado por un experimentado equipo de monitores e monitoras. Está destinado a rapazas e rapaces de entre 8 e 14 anos, coma todas as nosas actividades, divididos en 2 grupos segundo a idade.

Prezo

  • 60,00 € persoas socias (cun 25% desconto aplicable a irmáns e irmás)
  • 75,00 € persoas non socias

O prezo inclúe transporte de ida e volta dende Ourense, alimentación, aloxamento, actividades, seguros, materiais e monitores/as.

Inscrición

Por favor, para solicitar a súa praza encha un seguinte formulario para cada participante. O día límite para inscribirse é o 17 de xuño.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.