EcoCampamento Scout … en marcha!
Un novo comezo de rolda e novas aventuras empezan a xurdir e como é xa tradicional empezamos cun campamento ¡que é o que máis nos gusta facer! E para esta ocasión desprazámonos ata Lalín, ata a zona de Mouriscade que goza dun entorno natural inmellorable para un campamento no que a premisa ambiental será fundamental, demostrando que o scout e a scout aman e protexen a Natueza.
As nais e pais de aquelas rapazas e rapaces que queiran participar nesta estimulante experiencia so deben de cubrir o seguinte formulario de preinscrición. A data límite de inscrición será o 4 de outubro, e o 5 daremos as listas definitivas de admitidos, sen embargo trataremos de facelo con anterioridade unha vez completemos as prazas. Unha vez confirmadas as prazas, remitirémoslles ás familias a información sobre os horarios de entrega e recollida, material que deben de levar, normas do campamento, xunto cunha ficha máis completa. [Actualización: o prazo de inscrición xa rematou]
Subvencionado
Facelo así é posible grazas á axuda da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que grazas ao seu programa de Iniciativa Xove facilita os recursos económicos para poder desenvolver esta gran oportunidade.
Que inclúe?
A participación gratuita cubre os gastos de manutención e aloxamento (que faremos entre albergue e tendas de campaña), transporte en autobús de ida dende Ourense, materiais e as actividades que desenvolverán os nosos monitores e monitoras voluntarios coa experiencia e a cualificación necesaria.
Onde será?
O bus sairá o venres 6 de outubro dende o noso local (Pena Trevinca, 32 baixo) ás 17:15 da tarde camiño do albergue municipal de Mouriscade, en Lalín. A actividade rematará as 17.30 aproximadamente do día 8.
Actividades
O campamento terá actividades diferenciadas e adaptadas por grupos de idade dos participantes. Iso si, todas e todos porán a proba as súas cualidades de exploración da contorna e porán especial atención ao coidado do medio ambiente e como minimizar o noso impacto. E coma bos exploradores e exploradoras montarán a súa propia tenda de campaña, cociñarán co apoio dos monitores e monitoras unha cea de campaña, cantarán ao redor do lume e iranse afacendo a recoñecer algunhas das constelacións máis senlleiras, e por suposto tanto uns coma outros se divertirán con moitos xogos que lles iremos propondo ao longo deste pequeno campamento
.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!