Un encontro scout ao grande

A primeira fin de semana de abril as e os scouts do Grupo Ilex volvemos a coller mochila e saco para lanzarnos á aventura. Desta vez, o destino sería A Coruña e, o obxectivo, un encontro cos diferentes grupos de ASDE-Scouts de Galicia. A viaxe era longa, pero aguantamos coma campioas e campións cantando e escoitando historias. Antes de decatarnos, chegamos! Estábamos nerviosas e expectantes.

O día comezou entre xogos, para saír despois a coñecer Coruña. Cun mapa e cunha cámara, recorremos a cidade seguindo o noso propio itinerario e facendo as fotos máis divertidas e orixinais que se nos ocorreron. Despois dunha cea ben rica, tocou a velada! A pesar dos pequenos incidentes, pasámolo moi ben descubrindo símbolos agochados.

Cores

Ao día seguinte, tras o acto da mañá, comezou unha grande gimcana: xogamos ao xadrez humano, aos relevos de zapatillas, a facer polvo á feira e espaguetes dun xeito moi especial, a usar o noso enxeño para resolver enigmas, e moitas cousas máis.

Gincana

Á tarde, en cambio, puxémonos serios. Con motivo da Semana da Acción Mundial pola Educación, que ten lugar precisamente nestes días, preparamos uns murais nos que escribimos por que é importante para nós a educación, e por que cremos que todas e todos deberíamos ter dereito a ela. Expuxémolos en Riazor, ao lado da praia.

SAME

Finalmente, xa para rematar o día, o Grupo Scout Chan 292 tocou e cantou a canción que levarán ao Festival Federal e, xuntas e xuntos, entoamos o Adeus Scout. Volvemos cansados e esgotados, pero tamén contentas pola experiencia: coñecemos novos amigos e amigas e descubrimos un pouquiño máis o mundo do escultismo. E o ano que vén, máis e mellor!

Todos

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.