Saímos do labirinto!
Entre os días 8 e 12 de abril deste ano, 20 rapaces e rapazas da sección Tropa viaxaron ata o Parque Nacional de Invernadoiro cunha misión. Sobrevivir ao labirinto e desmontar a CRUEL. Así discorreo o campamento inspirado na saga “O Corredor do labirinto”.
Durante este campamento as patrullas organizáronse e xestionáronse por elas mesmas, asumindo moitas responsabilidades, coma a distribución de tarefas coma a cociña e a orde na habitación. Á vez tiveron que realizar actividades que lles permitirían “sobrevivir ” e saír do labirinto.
Loitando pola súa liberdade, tiveron que pasar por distintas probas; os 4 días estiveron cheos de emoción e aprendizaxe, onde rapaces e rapazas aprenderon a importancia do coidado e respeto do medio ambente, gozando na natureza e levando a cabo accións para súa protección.
Traballando en equipo, as patrullas elaboraron caixas para o refuxio dos páxaros do bosque.
Tamén recibiron a visita, autorizada por CRUEL, de Xandre, un experto en arqueoloxía que lles ensinou antigas técnicas que lles permitirían sobrevivir no labirinto: fabricar cordas, facer lume, cazar con lanzas…
Así mesmo, as patrullas se adentraron na ruta “das troitas”, onde non só descubriron paisaxes maravillos e puideron coñecer máis sobre a fauna do lugar, senón que tiveron que pasar distintas probas para rematar a ruta con éxito.
Durante este campamento camiñamos moito, o que por outra banda nos compensou coa visita dun raposo. Pero tamén nos deu tempo para moitas outras actividades: aprendimos a conducta PAS, coñecimos o cambio climático e valoramos diferentes solucións, mollámonos co escultismo, xogamos, bailamos e cantamos…
Por último, e coma xa é habitual nos campamentos, tivemos novas promesas! Lara da patrulla Aguias, Sandra da patrulla Rinocerontes e Uxúe da patrulla Linces, comprometéronse co movemento.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!