Nados entre os anos 2006-2003, inclusive, na xeira solar de 2023/24

A última etapa da educación scout é o Clan Rover formado por mozos a partir de 17 anos. Ser Rover é vivir intensamente cada paso, tomar as rendas e facer un proxecto da súa propia vida, empeñarse en cambiar o mundo e, sobre todo, crer que é posible. Comprométense colectiva e individualmente en accións de cambio e esfórzanse por crecer ao tempo como persoa. Elaboran os seus propios proxectos persoais, márcanse metas e axúdanse mutuamente a madurar e crecer como adultos comprometidos.

Se queres apuntarte, convidámoste a coñecer as condicións e encher o formulario de inscrición.