Entries by Bran

Gran cumpreanos de Akela!

Este sábado terá lugar unha actividade moi especial para a Manda do Grupo Scout Ilex: celebramos o aniversario de Akela! E como bo Vello Lobo da Manda quere rodearse de moitas e moitos amigos. Se tes entre 8 e 11 anos, gústanche as aventuras e as festas de cumpreanos e tes moitas ganas de aprender […]

Un encontro scout ao grande

A primeira fin de semana de abril as e os scouts do Grupo Ilex volvemos a coller mochila e saco para lanzarnos á aventura. Desta vez, o destino sería A Coruña e, o obxectivo, un encontro cos diferentes grupos de ASDE-Scouts de Galicia. A viaxe era longa, pero aguantamos coma campioas e campións cantando e […]

Camporee 2016: unha experiencia viquinga

Esta é unha breve historia dos acontecementos que sucederon os días 25, 26 e 27, nas terras de Porto do Son, A Coruña. Historia protagonizada por viquingos e viquingas procedentes da sección Tropa dos Grupos Scouts 19 e Vasco da Ponte 636 de Ferrol, San Jorge 33 da Coruña, Chan 292 de Santiago de Compostela […]

Vivindo o Libro da Selva

O pasado 23 de marzo, a Manda, acompañada por Akela, Baloo, Bagueera, Kaa e Hathi, partían desde Ourense cara un recuncho máxico da natureza situado en Marantes, Sigüeiro, onde aprenderían durante tres días e dúas noites de acampada os principais valores scouts na compaña do Grupo Scout Chan 292, con máis de 40 años de experiencia, […]

En patrulla facemos camiño

O pasado sábado a Tropa pasou unha xornada de ruta e natureza. A actividade realizouse separada por patrullas, comezando a desenvolver o traballo propio da patrulla e aproveitando esta xornada para desenvolver a súa identidade.

Aprendemos primeiros auxilios

Unha das mellores formas de levar a cabo o noso lema scout, é estar sempre listos cando sucede algún accidente, no cal nós esteamos alí para prestar axuda. O coñecemento de primeiros auxilios é unha ferramenta necesaria tanto no campo, na escola, no traballo, no fogar, e en cada unha das actividades que realizamos día […]

Xogando e vivindo na diversidade

A última actividade realizada pola sección Manda foi unha acción de servizo na diversidade, en conxunto con todas as mandas dos grupos de ASDE – Scouts de Galicia en colaboración coa asociación Asociación Down Coruña.

Un entroido tolo

O pasado entroido celebramos unha festa cunha alta dose de imaxinación e creatividade. Ben postos cos nosos variados disfraces, participamos no tolo concurso “X, con X de IleX”. Un amable e anxelical Baloo e un malvado fraile exerceron de xuíces. Os concursantes dividímonos nos grupos de Manda, Tropa e Scouters. Quen será o máis orixinal?

Mergullámonos na Natureza

As actividades en prol da defensa e conservación do medio natural son unha das premisas da nosa metodoloxía. Acorde con isto, a finais de xaneiro embarcámonos en dúas actividades de exploración e servicio en pleno contacto coa Natureza, nos arredores da cidade de Ourense, en colaboración con outras entidades e colectivos.

Unhas Felices Festas … de exploración

As festas do Nadal son datas para pasar en familia, descansar un pouco dos estudos e pasalo ben e … que mellor maneira hai de pasalo ben que irse de campamento? Así o viron 17 lobetos/as, 12 tropeiros/as e 3 rovers que entre o 26 e o 29 de decembro protagonizaron o campamento que fixemos […]