ES24

Somos un movemento educativo internacional ao que pertencen máis de 50 millóns de persoas, entre mozos e mozas e adultos, homes e mulleres, que comparten un mesmo sistema de valores a través da Promesa e a Lei Scout e o desexo de construír un mundo mellor.

A nosa Visión

Creemos que a educación o é todo e por elo traballamos por un mundo mellor, máis xusto e solidario, onde o coidado do medio ambiente, o respecto aos dereitos humanos e o entendemento entre as persoas e os pobos sexa unha realidade.

A nosa Misión

A misión do escultismo é contribuir á educación dos mozos e mozas, a través dun sistema de valores baseado na Promesa e a Lei Scout, para axudar a crear un mundo mellor onde as personas poidan desenvolverse como individuos e xogar un papel constructivo na sociedade.

PG34

Para acadar esta misión consideramos fundamental:

  • Educar na liberdade, a xustiza, a solidariedade e a responsabilidade persoal e comunitaria, no marco da convivencia, o respeto e o servizo.
  • Promover aqueles valores espirituais, inherentes á persoa, que axuden a superar o individualismo e o materialismo, e favoreza a formación da súa personalidade.
  • Espertar o espírito crítico e participativo, respectando a liberdade persoal e promovendo hábitos de vida saudable, que permitan analizar as ideoloxías e opcións que a sociedade presenta para posteriormente elixir unha opción de vida.
  • Impulsar a comprensión e o desenvolvemento na nosa sociedade, promovendo o coidado e defensa do medio ambiente e estimulando accións de cooperación e servizo aos demais.