familia scout

Abrimos novo curso e inscricións!

Pois abrimos una xeira solar, que é como lle chamamos nos ao novo curso, e xa será a número dez dende que abrimos as nosas portas, así que efectivamente esta etapa anual concluirá co noso décimo aniversario! Ben, pero para iso aínda queda un chisco e hoxe imos centrarnos na xeira solar que temos por diante.

Para dar a coñecer o que facemos este vídeo de aquí arriba, polo que xa pasaron uns anos, está plenamente vixente.

Manda aberta!

E que mellor xeito de arrincar este curso é coa boa nova da reapertura da sección de Manda, que tivemos que pechar o pasado ano por razóns organizativas. Chega pois de novo a ledicia e algarabía que traen os educandos máis pequeniños e rebuldeiros, con idades de 8 a 11 anos.

Animamos pois ás familias con nenas e nenos desta idade a que os convertan en lobetos e lobetas da manda de Mowgli e se inicien na aventura de ser scout cunha ambientación baseada no clásico Libro das Terras VIrxes de Kipling. Tedes máis información sobre a metodoloxía desta sección neste documento específico.

Se coñecedes familias con nenos/as desa idade, sería xenial que lle fagades chegar esta información para que poidan considerar unirse ao grupo, e así ser un grupo máis amplo, forte e saneado!

Inicio da actividade

O comezo das actividades está programado para o sábado 28 de setembro, no noso horario habitual de 16:30 a 19:30, que servirá de toma de contacto para que a rapazada vaia coñecendo aos seus novos compañeiros e compañeiras de actividades e das scouters (como lle chamamos ao monitorado) que vai a estar con cada unha das seccións.

Nesta primeira xornada tamén imos incluír a celebración dunha pequena reunión coas familias para que tamén coñezades a composición de equipos educativos, explicar algúns aspectos metodolóxicos, organizativos e de funcionamento, tanto do todo grupo como para cada unha das seccións educativas. Tamén será unha estupenda oportunidade para que as familias nos trasladedes as vosas propostas e resolver as dúbidas que poidades ter. Esta reunión será as 16:30.

Campamento de inauguración

Como cada ano o comezo regular das actividades inicia cun campamento de fin de semana. Unha actividade moi importante na que ir facendo cohesión e arrancar coa organización cada sección. O campamento terá lugar no albergue do Centro EQUAL, en Coles, e terá un prezo de 25,00 euros. É un campamento exclusivo para persoas membro do grupo e lembrade que é preciso facer a inscrición previa a través deste formulario. Se vos fará chegar información máis detallada a través das canles habituais. O campamento rematará cun xantar á que todas as familias estádes convidadas a participar, traendo comida para compartir.

Corre a inscribirte!

Abrimos pois o proceso de inscrición a nova rapazada participante en todas as seccións. Non temos data tope pero si temos prazas limitadas, polo que animamos as persoas interesadas a inscribirse canto antes e comezar así a participar o antes posible nas actividades. O noso formulario de inscrición, así como as condicións económicas, están todas descritas neste apartado da web. Os formularios para darse de alta ou solicitar unha beca están dispoñibles na nosa sección de documentos. As persoas que son xa parte do noso colectivo non é preciso que se inscriban novamente.

Tamén estamos abertas a incorporación de novas persoas voluntarias para integrarse a noso kraal, equipo educativo, polo que se te apetece contribuír deste xeito podes apuntarte neste outro formulario.

scout planta un árbol

Axúdanos a crecer

Este ano reforzámonos e queremos estender o noso labor educativo a máis rapaces e rapazas polo que pedimos tamén a túa colaboración para facer chegar esta información, e redifundindo coas túas contas os contidos que estamos subindo as nosas redes sociais (instagram, facebook, twitter), a familias da túa contorna. Non hai mellor promoción que a que podedes facer quen xa nos coñecedes!.

Deixámosvos aquí tamén algúns outros elementos que tal vez podedes imprimir e colgar ou distribuír nos voso lugares de traballo e de ocio. Estas son so algunhas ideas e calquera colaboración será moi benvida!