A federación ASDE – Scouts de España, da que somos parte, ven de aprobar unha nova uniformidade que xa está en vigor. Este novo uniforme scout consiste nunha camisa azul de tecido técnico é igual en todos os grupos scouts que estamos integrados en ASDE -Scouts de España. Para coñecer máis da uniformidade podes consultar aquí máis detalles e seu regulamento.

Podes encargar os uniformes a través do seguinte formulario. O prezo de cada uniforme é de 28,00 euros. Se é a primeira vez que encargas o uniforme este prezo se incrementa en 6,00 euros para cubrir o custe das insignias “pertenza” e “sección”. Se tes uniformes anteriores debes aproveitar as insignias da prenda anterior.  A insignia pertenza non cambia nunca e según vaia avanzando na progresión e cambiando de sección a insignia via cambiando. O grupo proporcionará gratuitamente as novas insignias sempre que se entreguen as anteriores en boas condicións para a súa reutilización.

O uniforme complétase cunha pañola, ou pano, exclusivo do noso grupo. Esta prenda é facilitada gratuitamente polo grupo a todas as persoas no momento de facer a súa promesa scout. A substitución desta prenda por deterioro ou extravío xa corre por conta da persoa a un custe de 15,00 euros.

Completa o seguinte formulario para facer o teu pedido. Lembra abonar os custes a través de transferencia na conta corrente do grupo (a mesmas que se usa no pagamento das cotas):

https://docs.google.com/forms/d/1Xud_7FM8mmYqDksm9fMG4QY0Po7KZPgEWmEvrpSQSPY/prefill