campamento de inverno no Xurés

Nesta sección da web podes atopar información sobre aspectos da nosa identidade e xeito de traballar, que en conxunto son os elementos que definen o que somos.

Definímonos como unha entidade independente, formada libremente por persoas moi heteroxéneas pero ás que nos une un ideal educativo que busca favorecer o desenvolvemento do espírito crítico no proceso de crecemento persoal das mozas e mozos cos que traballamos, facendo deles mellores persoas, activas e coa ambición de contribuír a construír un mundo mellor.

Formamos parte da federación ASDE – Scouts de Galicia, que a súa vez forma parte de ASDE – Scouts de España mediante a que somos parte tamén da Organización Mundial do Movemento Scout, que da cobertura a máis de 50 millóns de scouts en activo no mundo sendo recoñecida pola ONU como a organización xuvenil máis extensa do mundo.

Somos totalmente independentes dos partidos políticos ou de calquera relixión ou igrexa, polo que nos definimos como un colectivo laico, aínda que somos absolutamente respectuosos coas crenzas persoais de calquera persoa que nunca serán un impedimento para participar plenamente no noso colectivo. Entendemos que a defensa do noso medio ambiente é unha obriga ineludible e facemos esta defensa extensiva á nosa cultura e á nosa lingua, e por suposto estamos fondamente comprometidas coas causas sociais, buscando sinerxias con outras entidades, públicas ou privadas, para brindarnos apoio mutuo na consecución dos obxectivos que compartamos.

Podes atopar nas seguintes seccións, máis información sobre:

O sentido laico do grupo é un elemento importante na nosa definición, pero entendemos que para outras persoas o enfoque relixioso pode resultarlles un elemento fundamental no scoutismo. Para estes casos queremos indicarlles a existencia en Ourense de outra opción de grupo scout católico onde poderán atopar esa conexión que buscan.