Montealegre estaba triste pero agora quedou contento e limpo

 

A nosa “Lei scout” di que as persoas scouts amamos e protexemos á natureza, e estamos moi orgullosos de non facer desta sentencia so unha declaración de principios senón máis ben un principio de acción. E por iso a nosa interrelación co medio ambiente non se basea soamente en gozar da contorna nas actividades ao aire libre, senón que son tamén estamos comprometidos activamente coa súa conservación.

#DoylaLataCando Amigos da Terra nos propuxo participar nunha actividade de limpeza na zona de Montealegre, dentro da súa campaña #DoylaLata, non dubidamos nin un momento e sumámonos a esta acción con case 40 scouts do noso grupo subimos na mañá do sábado 22 de outubro, ata Montealegre onde nos sumamos ao continxente de 30 rapaces e rapazas do Colexio Divina Pastora e a unha decena de voluntarios de Amigos da Terra. Alí a organización distribuiunos en varias áreas de traballo e despois de pouco máis dunha hora de traballo xa recolleramos 83 bolsas, de 30 litros de capacidade, repletas de lixo, o que ven sendo un volume total de 2500 litros. Montealegre é unha zona tradicional onde moitas veciñas e veciños de Ourense celebran os magostos e polo visto moita desa xente abandona alí seu lixo.

Os nosos scouts mantiveron un moi bo ánimo e estiveron moi motivados todo o tempo, e amosaron a súa indignación pola enorme cantidade de lixo que atopamos na area da acción, que era relativamente pequena, e ata fíxoselles curto o tempo de limpeza e tivemos que convencelo para que rematar e comezar coa seguinte fase do traballo: a clasificación dos residuos para a investigación de está a facer Amigos a Terra na súa campaña. Descubrimos que máis da metade dos residuos eran envases de bebidas, fundamentalmente latas e botellas. Se houbera un sistema de retorno de envases chamados SDDR, como hai noutros países, este monte estaría limpió dende o principio. Así que a actividade rematou con certa indignación pero sobre todo con optismo e a sensación do traballo ben feito, ou como un lobeto chegou a dicir “Montealegre estaba triste pero agora quedou contento e limpo“.

Mentres todos marchamos a xantar as nosas casas, os guías e subguías da Tropa permaneceron na zona para xantar e aproveitar a tarde para celebrar un Consello de Tropa xunto ao seus scouters para tomar algunhas decisións sobre a marcha da sección e tamén para preparar as actividades que lles tocará desenvolver no Curso de Guías e Subguías. Unha actividade de ASDE – Scouts de Galicia xuntos cos seus compañeiros e compañeiras dos outros grupos scouts de Galicia e no que adquirirán algunhas ferramentas útiles para a sempre difícil tarefa de liderar e guiar aos seus compañeiros.

consello de tropa en Montealegre

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.