Mergullámonos na Natureza

scouts na saída de observación de avesAs actividades en prol da defensa e conservación do medio natural son unha das premisas da nosa metodoloxía. Acorde con isto, a finais de xaneiro embarcámonos en dúas actividades de exploración e servicio en pleno contacto coa Natureza, nos arredores da cidade de Ourense, en colaboración con outras entidades e colectivos.

Titulo 1Reforestación forestal

Para comezar, o primeiro sábado desprazámonos ata a zona de Palmés. Estes montes sufriron incendios no último verán, polo que coma bos scouts, útiles e serviciais, acudimos na súa axuda. E o nosa contribución foi unha repoboación forestal da zona.

Para elo contamos coa colaboración de voluntarios da asociación ecoloxista Amigos da Terra, e coa inestimable axuda de Xosé Santos, axente forestal e activista medioambiental. Atendemos a súas exhaustivas explicacións sobre a situación dos montes, coma foi a loita contra o lume e a mellor forma de reforestalos. Porque ademais de saber axudar, tamén hai que saber como facelo. E agora sabemos que hai que plantar castiñeiros e non eucaliptos.

Unha vez coñecida a teoría, pasamos á práctica. Repartidos en grupiños e desperdigados, sacho en ristre, plantamos arredor de medio centenar de árbores novas e sementamos centos de sementes. Un traballo arduo e duro, á vez que emocionante. Non faltou quen lle colleu gusto ao sacho e tratou de furar o solo ata chegar as antípodas.

Reforestación en Palmés

Todo isto baixo ó intenso escrutinio das cámaras dos periodistas, que por moito que se repetise a frase “facede coma se as cámaras non estivesen”, a verdade é que nos fixeron sentir coma nun pase de modelos.

Finalmente chegou o momento de ir comer, e tras el o momento do cambio do pañola de 2 dos nosos máis preciados membros (je, coma se ningún fose preciado no grupo), Carolina, scout de Manda, e Dani, scouter de apoio. Noraboa!

Pañola

E tras isto, volta a casa, ou non? Porque creo que non vos dixera que esta foi unha actividade de todo o día. Xa que estabamos na zona, pola tarde fixemos unha ruta interpretativa ata Outariz, pasando ao lado do Mosteiro de Santa Comba de Naves (onde paramos a xantar) e As Conchadas. Durante este paseo tivemos a oportunidade de apreciar fantásticas paisaxes, coñecer sitios e escoitar historias de habitantes do lugar.

Ruta

E fin do día…

Humedais

O seguinte sábado festexamos o Día Mundial dos Humidais. Os humidais, coma os scouts, proporcionan servicios imprescindibles: regulan o clima, os ciclos da auga ou mesmo son unha importante fonte de traballo e de economía sostible. Algo que moita xente descoñece.

Na súa honra, desprazámonos ata o encoro de Cachamuíña, Pereiro de Aguiar, moi preto da cidade de Ourense. Fixemos un roteiro polo Río Loña, organizado por Amigos da Terra e o Aula de Natureza do río Miño. Ademais tivemos o pracer de contar co naturalista Alberto Rivero, autor do blog Fauna Gallaecia, como guía, axudándonos a coñecer un pouco mellor a flora e a fauna deste espazo. Aínda que a idea principal era facer avistamento de aves, as condicións non foron propicias e non puido ser. Sen embargo, atopamos gran variedade de anfibios, réptiles e outros tipos animais, e atendemos ás explicacións dos nosos guías. Así, por exemplo, aprendemos como diferenciar unha ra dun sapo.

Bichos

Por outra banda, non podía faltar a nosa paixón pola protección do medio ambiente. Así que durante o roteiro estivemos recollendo todo o lixo que nos atopamos polo camiño, chegando a encher un montón de bolsas.

Liso

Para rematar a xornada, seguimos coa ampliación de pañolas nos nosos pescozos. Por un lado Carla, scouter de Tropa, procedeu a facer o cambio de pañola. E por outra parte, Baloo, scouter de Manda, realizou a promesa scout e xa é un membro completo da comunidade scout. A primeira promesa do Ilex, momento histórico, que emoción! Tanta, que a pesar de ser unha gran osa, case nos sae voando polo aire.

Promesa

E ata aquí as nosas máis recentes aventuras en campo aberto, gozando da Natureza e aprendendo dela. Non tardaremos en volver contigo, bonitiña.

3 replies
  1. Xulio
    Xulio says:

    Foron un par de xornadas moi entretidas e en pleno contacto coa Natureza. Foi moi estimulante saber que o que fixemos axudou, aínda que non fora moito, á conservación do noso patrimonio natural. Esperemos seguir facendo moitas máis no que queda de ano!

    Responder
  2. Akela
    Akela says:

    Sen duda foron dúas aventuras que tarde se borrarán das nosas retinas.
    Grandes momentos nun entorno increíble e con un grupo de xente fantástica. Noraboa e benvida ao grupo os/as novos/as integrantes.

    Responder

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.