A Manda súbese polas paredes!

Todo o mundo tranquilo. Non é que os nosos pequerrechos cachorros estén enfadados senón que a finais do pasado xaneiro tiveron a fantástica oportunidade de ter unha primeira achega ao mundo da escalada da man dos nosos sempre dispostos amigos e amigas do Club Alpino Ourensán que nos prepararon una marabillosa sesión mañaneira para descubrirnos este completo deporte que require tanto de axilidade como de valentía.

escaladagif450x340E precisamente valor non lles faltou aos lobetos que, aínda que son de corpo miudo, están repletos de enerxía e chegaron moi aniosos e motivados de enfrentar este novo resto que lles prepararon nesta ocasión os Vellos Lobos. Aproveitaron moi ben as 3 horas no Pavillón dos Remedios, do Consello Municipal de Deportes de Ourense, puxo a nosa disposición grazas á xestión do club montañeiro.

Cada un puxo o seu límite e foron moitas e moitos quen os que chegaron ata o cume dos 11 metros do punto máis alto do rocódromo e case todos tiveron ocasión de repetir. Pero o deporte non rematou so na parede senón que houbo tempo tamén, mentras agardas a túa quenda para trepar, para xogar e entredar aproveitando a tope a pista central do pavillón.

En resumidas contas, foi una xornada moi especial que dexou nestas pequenas e pequenos rapaces as gañas de seguir afondando na práctica deste deprote. Seguro que haberá máis oportunidades!

MandaScoutILEX

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.