Campamento de verán: fai voluntariado!

Nos scouts tratamos de promover unha educación integral e a implicación social de nenos/as e xóvenes, traballando coa ilusión de construir un mundo mellor.

Pero tamén dámoslle a oportunidade a persoas adultas de traballar con este fin, ademais de gañar experiencia e confianza no traballo con menores e, por suposto, gañas de pasalo ben.

Este verán, coma todos, realizaremos un campamento e estamos buscando voluntarios e voluntarias de Ourense e arredores que queiran participar coma parte do equipo de scouters (monitorado). Aínda que é preferible, para participar non é necesario ter título ou experiencia no traballo con menores, só moitas gañas e ilusión.

O campamento se desenrolará entre o 15 e o 26 de agosto no campamento xuvenil Penedos de Xacinto (Entrimo, Ourense), e participarán arredor de 50 rapazas e rapaces de entre 8 e 14 anos, e uns 8 scouters… entre os que poderías estar tí!

Entre as actividades poderedes atopar dinámicas, rutas, actividades ambientais, xogos deportivos, xogos de auga, veladas, cancións, bailes, risas e moito máis!

Para apuntarte só tes que cubrir este FORMULARIO e poñerémonos en contacto contigo o máis axiña posible. Tamén podes obter máis información sobre o que lles ofrecemos aos nosos voluntarios e voluntarias no seguinte LINK, e tamén averiguar o ben que o pasamos en pasados campamentos e actividades na nosa páxina web.

_MG_1674

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.