aventuras scouts

Campamento de verán “Aventuras Scouts” 2017

O verán xa está á volta da esquina. Os días son máis longos e o solciño quenta ata ben tarde. Que mellor época para desconectar ao aire libre?

Queremos invitar a todos aqueles rapaces e rapazas de 8 a 14 anos a vivir unha aventura única no noso campamento de verán, que terá lugar do 15 ao 26 de agosto de 2017 no recinto de Penedos de Xacinto, en Entrimo, ás portas do Parque Natural Baixa Limia e Serra do Xurés e Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gêres-Xurés, con grandes valores naturais dos que poderán aprender e gozar as rapazas e rapaces que participen desta experiencia.

Derradeira chamada! Aínda que o prazo xa rematou, aínda queda algunha praza, que pode ser vosa! Bulide e apuntádevos, que xa temos que pechar! A día 30 de xuño estamos chamando ás persoas preinscritas, e tamen crearemos unha lista de espera se dase o caso.

orientacion3Durante estes días levaremos a cabo distintas actividades, tales como  cancións, bailes, construcións en madeira, realización de bivaques, veladas nocturnas, grandes xogos e dinámicas, piscina e, sobre todo, moitas risas.

Tamén se desenvolverán algunhas rutas para coñecer os especias valores do Parque Natural e mesmo se farán algunhas actuacións encamiñadas a minimizar o impacto dos grandes lumes que asolaron miles de hectáreas ¡o verán pasado. Será pois una gran experiencia educativa pero sobre todo na que os rapaces e rapazas participantes se divertirán moito, facendo novas amizades e gañando autonomía persoal. Ademáis, un dos días iremos ata a próxima aldea de A Illa para elaborar pan de xeito tradicional no forno comunal.

Datas

O campamento divídese en dúas quendas. A primeira comezará o día 15 e está destinada á Tropa, grupo que comprende as idades de entre 11 e 14 anos (rapazas e rapaces nados entre 2003 e 2005); mentres que os rapaces e rapazas da Manda, de 8 a 11 anos (nados entre 2006 e 2008), comezarán o campamento o día 19. As actividades de ambas rematarán na mesma data, o sábado 26.

Custe

O prezo será de 169 euros para os 12 días de campamento dos rapaces maiores (inclúe o transporte de ida e de volta a Ourense), e de 125 para os 8 días de duración para os máis pequenos (inclúe o transporte de volta a Ourense). Este custe de inscrición inclúe a alimentación, aloxamento, actividades, seguros, materiais e monitores/as durante todo o periodo da actividade.

idades datas inscrición observacións
8 – 11

Nados nos anos 2008-2006

19 – 26 de agosto 125,00 inclúe transporte en bus de volta ata Ourense
11 – 14

Nados nos anos 2005-2003

15 – 26 de agosto 169,00 inclúe transporte en bus de ida e volta desde Ourense

actividades na piscina

Inscripción

preinscrición campamentoO prazo para inscribirse está aberto. Hai 50 prazas en total, unha delas está esperando por ti! A que esperas para sacar ao scout que levas dentro? Anótate neste formulario para preinscribirte! 

Periodo de preinscrición finalizada, pero aínda queda algunha praza dispoñible. Xa estamos chamando ás persoas interesadas… se aínda non te apuntaches, é a túa oportunidade!

Unha vez recibamos a preinscrición contactaremos no menor prazo posible para confirmar a praza e enviar a información para o pagamento e un dossier informativo con máis detalles sobre a actividade (horarios, que levar, teléfonos dos responsables, etc.)

Mesa

Experiencia: Os nosos anteriores campamentos

Se queres coñecer un pouco mellor como son os nosos campamentos, animámoste a que lle botes un vistazo ás crónicas dos nosas anteriores experiencias:

Tes algunha pregunta máis?

Non dubides en porte en contacto con nós para facernos chegar calquera pregunta ou suxestión enviando un correo electrónico a ilex695@scout.es e indicando teu teléfono para poder respostarche, se prefires que che contestemos por este medio.

campamento entrimo aventuras scout

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.