Entries by Xulio

Segunda xeira de campamento pokemons por terras luguesas

Nesta nova edición do campamento de verán de Lugo, novos rapaces e rapazas Scout tiveron a oportunidade de dar o mellor de si mesmos para atopar a Mewtwo, un Pokémon lendario desaparecido, e ensinarlle ao mundo a súa valía. Para conseguilo tiveron que pasar por mil e unha aventuras, comezando con agocharse baixo identidades Pokémon […]

Descubrindo pokemon polas terras de Lugo

Xa chegou o verán, e con el unha de oportunidades de aventura. A pesar de todo o acontecido meses atrás, este ano realizouse tamen un campa de verán un tanto especial, ao que soamente asistiron dúas patrullas (Aguias e Linces) da Sección Scout e a Manda. A Unidade Esculta e as patrullas Rinocerontes e Esquíos […]

Primeiros pasos en Tatín

Relembro o primeiro día sen esforzo. A mochila pesaba e as ganas de comezar, máis aínda. O primeiro campa de moitos con elas. E, para elas, un primeiro campa como foi o de verán de 2019. Pouco a pouco, conseguimos atopar aquelas pedras que nos distanciaban do que sería o noso fogar durante uns días. O […]

Un campamento para aprender a autoxestionarse

Nas pasadas vacacións de primaveira, a Tropa decidiu mudar as montañas ourensás por un clima un tanto… diferente. Así, colleron as mochilas e puxeron rumbo a Vilanova de Arousa, onde puideron gozar de catro días de sol e calorciño, xusto á beira da praia nas intalacións da Xunta de Galicia no Albergue Xuvenil de As […]

Toda unha experiencia brasileira en pleno Ribeiro

Despois de moito tempo agardando, por fin chegou o campamento de primavera, tres días nos que as lobetas puideron coñecer máis as súas compañeiras, aprender sobre o entorno e pasalo ben. Incluía a “caza”, un proxecto organizado completamente por elas, dende a realización do menú ata a elección das actividades, e para o cal esforzáronse […]

Primavera de campamentos!

Como cada ano aproveitamos algúns dos días de vacacións escolares para armar o petate para ir a plantar a tenda e desenvolver unha das nosas actividades preferidas e sen dúbida das máis importantes para a nosa metodoloxía scout: os campamentos! Nesta ocasión cada sección desenvolverá seu propio campamento, coa súa programación e obxectivos propios con […]

Non somos boys, somos scouts!

O ano pasado vivimos un 8 de marzo moi apaixonante de maneira individual, o que nos levou a compartir as nosas experiencias e desexos e dicir “e o que molaría ir como grupo á mani do ano que vén?”. Pois ben, finalmente este 2019, puidemos levar a cabo todas esas ideas e soños. Queriamos implicarnos […]

En ruta reflexionando sobre xénero

Traballar a igualdade é algo fundamental para os nosos valores e a metodoloxía educativa que aplicamos e por iso aproveitamos calquera oportunidade para afianzar as claves feministas que nos definen. Por esta razón a Tropa preparou unha ruta por Allariz na que ademais de gozar das marabillosas paisaxes rurais da vila alaricana a través de diversas probas tivo ocasión […]

Campamento na procura dos misterios dos atlantes

Un ano máis aproveitamos do mellor xeito posible algúns dos días do tempo de vacacións que chegan polo Nadal para facer o que máis nos gusta: irnos de campamento! E desta vez o noso espírito aventureiro levounos ata as terras luguesas Portomarín ao confortable Albergue Xuvenil Benigno Quiroga, da Xunta de Galicia, na procura da […]