Entries by Xulio

Momentos para lembrar no campamento nas Sinas

Do 27 ao 30 de decembro do 2023 tivemos a oportunidade de celebrar o noso campamento de Inverno no Albergue Xuvenil As Sinas. Este lugar está situado na ría de Arousa, a 4 Km de Vilagarcía. O albergue está nunha zona moi turística á beira do mar, con abundante arboredo, e con zona verde e […]

A esculta de turismo rural

Fai un par de meses na esculta pasamos unha fin de semana xuntos/as nunha casa rural ás aforas de Ourense.Fixemos un montón de cousas divertidas e tamén educativas. Todos e todas tíñamos que por o noso gran de area e para iso comezamos o día repartindo tarefas na casa, tanto quen preparaba as comidas como […]

Plantando as tendas despois de moito tempo

Levábase tempo sen se celebrar unha saída (de campo) coma esta, para moitas novas caras sería das súas primeiras acampadas e mesmo unha toma de contacto co grupo ao completo. Algúns lembrábanse da súa última vez en Palas de Rei anos atrás, pero en todos notábanse os nervios por empezar mentres pasábamos listas, de persoas, […]

Máis árbores para un mundo mellor

O día 19 de marzo desenvolvemos unha actividade na que estiveron presentes todas as seccións do grupo para celebrar, de xeito adiantado, o Día da Árbore ou Día Forestal Mundial. Unha ocasión que se celebra cada ano o 21 de marzo e no que adoitamos participar xa que representan unha estupenda oportunidade para cumprir un […]

De magosto pola Limia

O ano pasado non foi posible pero este ano si que puidemos recuperar a nosa tradición de participar nunha das celebracións máis enxebres, ancestrais e populares da nosa cultura, o magosto. Unha festa para gozar no monte entre amigos e familia, que no noso caso, é o mesmo.

En defensa dos dereitos da infancia

O pasado día 20 de novembro, un grupo diverso de entidades que traballan a prol da infancia na nosa cidade festexaron o Día Universal da Infancia, en colaboración coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) que desenvolveu diversos actos por todo o territorio nesta efeméride. Xuntámonos coas entidades Asociación Xuvenil Amencer, Fundación Meniños, […]

Descubriendo a selva do Barbantiño

Hai unhas semanas a nosa Manda de lobetos e lobetas asomou os fuciños fora do cubil para aventurouse a explorar a selva. Ben, selva, selva, non era … pero case, porque a zona por onde formos a estirar as súas inquedas e frenéticas patiñas foron as ribeiras do río. Aínda que non era o Wingunga, […]

Campamento de Focarei, alá imos! Inscrición aberta

Despois dun ano ben complicado, onde non puidemos facer campamentos, chega por fin o noso tempo de aventuras coas actividades de verán, que este ano terán por escenario as estupendas instalacións do Campamento Xuvenil de Pontemaril (Forcarei), na provincia de Pontevedra. Durante estes días levaremos a cabo distintas actividades principalmente ao aire libre, como cancións, […]

Campamento sen campamento para una primavera con pandemia

Aínda que por mor da pandemia non puidamos marchar de campamento, aproveitamos as vacaciones de primavera para que a rapazada do grupo (dende Manda ata Clan) desfrutara dun tempo de cohesión e convivencia en pequenos grupos. Para garantir un ambiente o máis seguro posible, cada sección contou con actividades por separado e mesmo en días […]

Segunda xeira de campamento pokemons por terras luguesas

Nesta nova edición do campamento de verán de Lugo, novos rapaces e rapazas Scout tiveron a oportunidade de dar o mellor de si mesmos para atopar a Mewtwo, un Pokémon lendario desaparecido, e ensinarlle ao mundo a súa valía. Para conseguilo tiveron que pasar por mil e unha aventuras, comezando con agocharse baixo identidades Pokémon […]